miércoles, 26 de octubre de 2011

PracTICa 02: ¿Que uso lle dades ó ordenador?

Eu prácticamente uso o ordenador para todo, pode ser que para o que mais o use sexa para a redes sociais, para descargar contidos e para escoitar música. Pero despois tamen o uso bastante para buscar información e facer traballos a través de internet para o instituto, aínda que as veces é mellor buscar en eciclopedias porque algunha información de itnernet non é correcta.Tamén o uso para ver películas online xa que non as hai que descargar nin nada e é máis comodo o único malo que ten é que teñan peor calidade, e algunhas non se escoitan nada ben.

Eu cando empecei a usar o ordenador usabao para xogar e escoitar música porque tampouco sabia facer moito máis. Pero acordome que me pasaba horas xogando e non me aburria de facelo.

O meu primeiro ordenador acordome de que mo troixera meu pai cando tiña oito anos iba lento e que non me gustaba porque non tiña capacidade para instalarlle moitos xogos, aínda o teño na casa e funciona pero vai moi lento sobretodo cando entras en internet, por eso xa non o uso.

No ordenador gustaríame aprender mellor o uso dalgúns programas, como os de editar fotos e asi.
Eu penso que no futuro se van facer a maioría das cousas no ordenador a través de internet, porque e máis comodo. Por exemplo para os traballos do instituto e mellor envialos ao correo ou gardalos en Docs porque aí nunca os podes perder nin se che poden borrar.